Convocatoria para elaborar listas de interinidades e substitucións — 592015 Portugués (EOI)
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
3 de February de 2026
🟢 CSIF Ensino Galicia · Listas 592 (EOI) · ED003A
⏳ Prazo de presentación
Do mércores 04/02/2026 ao martes 10/02/2026 (ambos incluídos).
Apertura: 04/02/2026 · 00:00 Peche: 10/02/2026 · 23:59🏫 Corpo e especialidade/s
Corpo: Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (592)
Especialidade convocada na resolución achegada: 592015 — Portugués
Convocatoria tramitada polo procedemento ED003A.
🧾 Tramitación da solicitude (ED003A)
- Accede á Sede electrónica e cubre o formulario do procedemento ED003A (dispoñible desde o 04/02/2026).
- Preme en “Tramitar en liña” e completa os pasos: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar.
- É necesario dispoñer dun mecanismo de identificación e sinatura admitido pola sede (p.ex. Chave365/certificado dixital/Autofirma).
- Taxas: deberás realizar o pagamento antes de presentar e anexar o xustificante coa solicitude.
Se precisas máis información sobre a tramitación na sede, consulta tamén a axuda da sede electrónica. Ver axuda
📄 Resolución e ligazóns oficiais
- Publicación no Portal Educativo: ver anuncio
- Resolución do 3 de febreiro de 2026 (PDF): descargar
- Servizo relacionado — Listas de substitucións: acceso
Fonte: Portal Educativo da Xunta — Convocatoria ED003A para listas de interinidades e substitucións (EOI 592).