Convocatoria de cursos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega nas EOI para o curso 2025/26

  • Convocatorias

17 de June de 2025

Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2025/26 (próxima publicación no DOG).
 

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

- cursos do 1º cuadrimestre: do 30 de xuño ao 11 de xullo de 2025

- cursos do 2º cuadrimestre: do 10 ao 21 de novembro de 2025.

Máis información:

Resolución do 13 de xuño de 2025 (próxima publicación no DOG)

COMPARTIR