Tribunal de Instancia de Viveiro: CSIF solicita á DXX que se manteña o persoal de reforzo de xestión, tramitación e auxilio.
- CSIF Informa
21 de May de 2026
Dende CSIF tivemos coñecemento de que o CXPX non da o visto bo á Comisión para a prórroga da xuíza de apoio do Tribunal de Instancia de Viveiro e, polo tanto, está en risco a continuidade do resto do persoal de reforzo (LAX e persoal funcionario de xestión, tramitación e auxilio).
Dende esta central sindical consideramos que é absolutamente necesario que a Dirección Xeral manteña o persoal funcionario de reforzo de xestión, tramitación e auxilio polo que remitimos escrito solicitando a prórroga. De non facelo , afundiríase este órgano xudicial posto que a carga de traballo neste partido é algo estrutural, como sabemos todos, con volume de entrada de asuntos que exceden amplamente os módulos establecidos no Acordo entre o Ministerio de xustiza e o CXPX. Ademais, hai que ter en conta o desgaste mental que isto suporía para o resto do persoal pois xa levan anos e anos arrastrando esta situación como para que, de novo, se quite o persoal de reforzo.