EGAP: Plan de autoformación.
- Formación
20 de April de 2026
Publicado no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Todo o persoal destinado ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.
A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do dia 28 de abril de 2026, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260420/AnuncioO150-090426-0001_gl.html