Complemento específico Fiscalías
- CSIF Informa
17 de April de 2026
Dende CSIF remitimos escrito á DXX a fin de poñer en coñecemento a situación de agravio comparativo que se ven dando dende a implantación da Numo nos TI de Galicia.
Coa creación das Xefaturas de Áreas e de Equipos, o complemento específico que se percibe por estes postos e que responde ás características particulares do traballo, tales como a especial dificultade técnica, adicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade. Asignase ao posto, non á persoa, e ten que vir reflectido na Relación de Postos de Traballo. Polo tanto, todos os postos nos que concurran as mesmas circunstancias determinantes deste tipo de complemento e coa mesma intensidade deberán telo con igual dotación.
No presente caso, e segundo o indicado no cadro das RPT dos TI de Galicia, os complementos específicos para cada un dos postos de Coordinador e Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade, son os seguintes:
|
Tipo de posto |
Complemento específico mensual (euros) |
|
Coordinador/a responsable I (A2) |
1.106,57 |
|
Coordinador/a responsable II (A2) |
1.079,87 |
|
Coordinador/a responsable III (A2) |
1.053,13 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade I (A2) |
1.026,40 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade I (C1) |
991,13 |
|
Responsable estatística, rexistro e calidade II (A2) |
999,71 |
En aras de establecer un marco comparativo, reflictimos de seguido os complementos correspondentes as Xefaturas de Equipo de Auxilio Xudicial:
|
Tipo de posto |
Complemento específico mensual (euros) |
|
Auxilio xudicial-Xefatura de equipo Actos de comunicación (III-A) |
1205,12 euros |
|
Auxilio xudicial-Xefatura de equipo (III-A) |
1.038,54 |
No que atinxe as Xefaturas de Area, que consideramos son semellantes por tipoloxía, corpo e dificultade, o complemento especifico elevase ata:
|
Xestión - Xefatura de Área Actos de Comunicación |
13.647/1137,25 euros |
Por tanto, visto o evidente agravio económico comparativo dentro destes postos singularizados, consideramos e solicitamos que A MAIOR BREVIDADE SE MODIFIQUE A RPT E SE INCREMENTEN AS CONTIAS ATA ESE CANTIDADE TANTO PARA OS POSTOS DE ESTADISTICA COMO DE SECRETARIA COORDINADORA, éste último na proporción correspondente