DOG: Probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026

  • Idiomas

13 de March de 2026

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitud, segundo o modelo PL500C que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa , será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución . Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260313/AnuncioG0766-060326-0001_gl.html

 

 

COMPARTIR