EGAP: Actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix.
- Formación
24 de February de 2026
Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de marzo de 2026.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260224/AnuncioO150-130226-0001_gl.html