Obtención dos certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

  • Idiomas

11 de February de 2026

Convócanse, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4, que se indican nos anexos I (cursos presenciais) e II (cursos en liña).

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos , presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.

Prazo de solicitude: Ata o 5 de marzo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260211/AnuncioG0766-040226-0001_gl.html

COMPARTIR