Convocatoria dos Premios en Innovación Educativa "Innovagal" para o ano 2026

  • Convocatorias

9 de July de 2026

Convocados os Premios en Innovación Educativa “Innovagal” para centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia no ano 2026.

Información destacada

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou a Resolución do 7 de xullo de 2026 pola que se convocan os Premios educativos Innovagal 2026, destinados aos centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia.

Estes premios teñen como finalidade recoñecer, premiar e apoiar as boas prácticas en materia de innovación educativa, impulsando metodoloxías activas, traballo en equipo, sustentabilidade, igualdade e experiencias educativas de calidade.

Centros participantes

Poderán participar centros docentes públicos que impartan proxectos vinculados ás seguintes ensinanzas:

  • Educación Infantil.
  • Educación Primaria.
  • Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Bacharelato.
  • Educación e Promoción de Persoas Adultas.

Categorías e dotación económica

A convocatoria conta cunha dotación total de 40.000 €, distribuída en dúas categorías:

Categoría Premio Importe
Categoría A 1º premio 10.000 €
2º premio 6.000 €
3º premio 3.000 €
Mención de honra 1.000 €
Categoría B 1º premio 10.000 €
2º premio 6.000 €
3º premio 3.000 €
Mención de honra 1.000 €

Solicitudes e prazo

O proceso de solicitude realizarase unicamente a través da aplicación de Programas Educativos.

O prazo de presentación estará aberto desde o día seguinte ao da publicación no Portal Educativo ata o 15 de outubro de 2026.

As candidaturas deberán incluír a memoria descritiva, a documentación correspondente e un vídeo de presentación da candidatura cunha duración máxima de 3 minutos.

Acceso á aplicación de Programas Educativos

Documentación oficial

 Convocatoria Innovagal 2026 Anexo I: liñas temáticas Anexo II: modelo de memoria descritiva Anexo III: autorización uso de imaxe de menores Anexo IV: baremo Instrucións de solicitude Innovagal 2026

COMPARTIR