Convocatoria do programa Educación Responsable para o curso 2026-2027
- Convocatorias
4 de de maig de 2026
A Consellería de Educación publica a Resolución do 30 de abril de 2026 pola que se convoca a selección de centros docentes públicos para incorporarse ao programa Educación Responsable no curso 2026/2027.
Este programa ten como finalidade o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, favorecendo a mellora da convivencia nos centros educativos a través do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias.
Centros destinatarios
Poderán participar os centros docentes públicos dependentes da Consellería que impartan algunha das seguintes ensinanzas:
- Educación infantil.
- Educación primaria.
- Educación especial.
- Educación secundaria obrigatoria.
- Ciclos formativos de grao básico de Formación Profesional.
Centros que se seleccionarán
A convocatoria establece a selección dun máximo de 15 centros docentes públicos, que desenvolverán o programa ao longo de tres cursos académicos consecutivos: 2026-2027, 2027-2028 e 2028-2029.
Presentación de solicitudes
Todo o procedemento realizarase a través da aplicación informática de programas educativos. A solicitude deberá ser presentada pola persoa responsable da dirección do centro ou pola persoa autorizada a través da aplicación correspondente.
Previamente, a dirección do centro deberá informar ao Claustro e contar coa aprobación do Consello Escolar ou Social. Ademais, deberá achegarse un documento de motivación no que se recolla o compromiso do centro para implantar o programa durante os tres cursos de duración.
Criterios de selección
- Documento de motivación para participar no programa.
- Participación en PFPP vinculados á convivencia e inclusión.
- Participación en proxectos de innovación educativa relacionados coa educación emocional.
- Participación no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa.
- Porcentaxe de profesorado do equipo Educación Responsable con destino definitivo.
- Situación do centro en concellos rurais.
Formación e certificación
O profesorado participante recibirá formación específica vinculada aos recursos do programa. A resolución recolle tamén as condicións de certificación para as persoas coordinadoras, responsables dos recursos e profesorado integrante do equipo Educación Responsable.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial da Consellería. Recoméndase consultar a resolución completa e o seu anexo.