Publicada a Resolución do 3 de decembro da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se ditan instrucións para dar cumprimento á parte retributiva do acordo para os anos 2025-2026 establecida no Real decreto-lei 14/2025.

  • Negociaciones y acuerdos

17 de de desembre de 2025

Con estas publicacións faise efectivo o pagamento do 2,5 % correspondente a 2025 e a suba prevista para xaneiro de 2026 para todas as consellerías de educación.
As instrucións establecen que os atrasos de 2025 deben aboarse no mes de decembro ou na primeira nómina posible.

CSIF, como sindicato máis representativo da función pública, asinou co Goberno de España un acordo retributivo que recolle unha suba salarial para o ano 2025 e para os tres exercicios seguintes, así como outras medidas relacionadas coas condicións laborais do conxunto das empregadas e empregados públicos e, por extensión, do persoal docente.

Ante a ausencia de Orzamentos Xerais do Estado, o Consello de Ministros do 2 de decembro aprobou o Real decreto-lei 14/2025, do 2 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público, publicado no Boletín Oficial do Estado do 3 de decembro. Para dar cumprimento ao establecido nesta norma, publicáronse as instrucións para a súa execución mediante a Resolución do 3 de decembro de 2025, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, publicada no BOE do 4 de decembro, pola que se ditan instrucións sobre o pagamento ao persoal do sector público estatal do incremento retributivo do 2,5 % para o ano 2025.

Esta normativa fai efectivo o cobro dos atrasos correspondentes á suba do 2,5 % en 2025, e establece ademais unha suba do 1,5 % a partir de xaneiro de 2026, á que se poderá engadir un incremento adicional do 0,5 % no caso de que o IPC de 2026 sexa igual ou superior ao 1,5 %.

As instrucións publicadas indican que os atrasos da suba de 2025 deben aboarse no mes de decembro de 2025, e que naquelas comunidades autónomas nas que non sexa posible facelo efectivo por razóns organizativas, o pagamento deberá realizarse na primeira nómina posible.

📊 Infografía interactiva

Co obxectivo de avaliar o impacto real deste acordo nas retribucións, CSIF Educación elaborou unha infografía interactiva tomando como referencia as retribucións brutas de dous perfís de profesorado: un docente sen experiencia e outro con 15 anos de docencia. Este traballo permite visualizar de forma clara a evolución salarial e, unha vez máis, poñer de manifesto a inxustiza que supón a desigualdade salarial entre comunidades autónomas para o profesorado.

 

Acceso á infografía: desde aquí podes acceder á publicación de CSIF Educación Nacional, onde se amosa a infografía interactiva integrada na noticia.

Abrir infografía interactiva en CSIF Nacional

A ligazón ábrese nunha nova pestana. Se non che carga correctamente no móbil, proba a abrir no navegador ou en modo escritorio.

Por unha dignificación real da labor docente.
CSIF ENSINO

COMPARTIR