Plan Proxecta + 25/26 - RESOLUCIÓN DEFINITIVA

  • Convocatorias

9 de de novembre de 2025

Plan Proxecta+ 2025/26 — Resolución definitiva de centros admitidos e non admitidos

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publica a resolución definitiva coa relación de centros seleccionados en cada programa do Plan Proxecta+ para o curso 2025/26. Accede ás listaxes e á normativa nas ligazóns seguintes.

Páxina oficial do anuncio Resolución definitiva (PDF) Convocatoria (03/09/2025) (PDF) Resolución provisional (PDF) Anexo I — Programas 2025/26 (PDF) Modelo de reclamación/renuncia (ODT)
Prazos

Publicación: 07/11/2025 (Portal Educativo).
Recurso de alzada: 1 mes dende o día seguinte á publicación (do 08/11/2025 ao 08/12/2025), perante a persoa titular da Consellería. Base legal indicada na propia resolución definitiva.

Que é o Plan Proxecta+?
Marco de colaboración para programas educativos que fomentan a innovación, o traballo cooperativo e os ODS nos centros públicos non universitarios de Galicia.
Listaxes definitivas
Consulta a relación completa de centros por programas na Resolución definitiva (PDF).
Normativa e documentos
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial do 07/11/2025. Verifica sempre a última versión dos documentos antes de presentar escritos.

COMPARTIR