Convocatoria bolsa módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable. Curso 2025/26

  • Empleo
  • Ofertas y bolsas de trabajo

21 de d’octubre de 2025

Módulos: MP1653 Técnicas de condución; MP1655 Didáctica da ensinanza práctica da condución; MP1657 Seguridade viaria.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Conserllería, publica hoxe a Resolución do 21 de outubro de 2025 pola que se convoca un procedemento para a elaboración dunha bolsa para impartir docencia, como persoa experta, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable durante o curso 2025/26. (código de procedemento PR004A).

MODULOS PROFESIONAIS
CÓDIGO MÓDULO NOME MÓDULO
MP1653 Técnicas de condución
MP1655 Didáctica da ensinanza práctica da condución
MP1657 Seguridade viaria

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores 22 de outubro ata o venres 24 de outubro de 2025, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Debes acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir unha solicitude xenérica procedemento PR004A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos débese posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Sigue os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembra que deberás achegar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución o Anexo I (Declaración responsable e autorización para a consulta de datos persoais) e a xustificación do pagamento das taxas polo que deberás ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento PR004A.

Resolución 21 de outubro de 2025 bolsa persoal expertoAnexo I

Declaración responsable e autorización para a consulta de datos persoaisAnexo II

Baremo

COMPARTIR