Listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 (SECUNDARIA E OUTROS)
- Empleo
- Oferta Empleo Público
7 de d’octubre de 2025

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ven de publicar a Resolución pola que se aproban as listas definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025-2026 correspondente aos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
As persoas participantes poderán formular recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Recurso” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Prazo para interposición de recurso: do 8 de outubro ao 7 de novembro (ambos incluídos)