Listaxes definitivas de interinidades e substitucións curso 2025/2026 CORPO DE MESTRES

  • Empleo
  • Oferta Empleo Público

7 de d’octubre de 2025

A da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ven de publicar a Resolución do 7 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes definitivas para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións definitivas de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.

As persoas interesadas poderán formular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), un recurso potestativo de reposición, utilizando o procedemento ED001A, dende o 8 de outubro ata o 7 de novembro de 2025 (prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte ao da súa publicación no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, https://www.edu.xunta.gal), ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

As listaxes definitivas de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

COMPARTIR