Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e persoas non exentas da proba de galego OPOSICIÓNS Galicia 2025
- Empleo
- Oposiciones
8 de de maig de 2025

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) (DOG n.º 32, do 17 de febreiro).
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2025, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 14 de febreiro de 2025.
Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 7 DE MAIO DE 2025 e especificar o corpo e especialidade
b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
- Resolución do 7 de maio de 2025 (listaxes definitivas de persoal admitido e excluído)
- Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente primaria
- Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente secundaria e outros
- Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente primaria
- Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente secundaria
- Listaxe de persoas non exentas da proba de galego primaria
- Listaxe de persoas non exentas da proba de galego secundaria