CSIF insta á Dirección Xeral de Xustiza a que, dunha vez por todas, facilite os resultados das medicións do gas radón.

  • Prevención de Riesgos Laborales

26 de d’octubre de 2026

Dende CSIF reiteramos escrito á Dirección Xeral de Xustiza solicitando que, dunha vez por todas, se faciliten os datos das medicións do gas radón tendo en conta que é un axente canceríxeno de orixe natural cuxa presenza en espazos pechados é especialmente relevante en Galicia, e que a normativa de protección fronte a radiacións ionizantes (Real Decreto 1029/2022, que transpón a Directiva 2013/59/Euratom) establece un nivel de referencia para os lugares de traballo e obrigacións de avaliación e xestión do risco.

Polo tanto, dende CSIF instamos:

1. Que, no prazo de dez días naturais se facilite a este sindicato copia dos resultados das medicións de gas radón realizadas nas sedes e instalacións xudiciais de Galicia, con indicación de: sedes e dependencias medidas, datas, metodoloxía e equipos empregados, valores obtidos (Bq/m³) e entidade que realizou as medicións.

2. Que se informe das medidas preventivas ou correctoras adoptadas ou previstas nos casos en que se superen os niveis de referencia.

3. Que, en caso de non facilitarse total ou parcialmente a información, se comunique por escrito e de forma motivada as razóns polas que non se proporciona, con indicación dos recursos procedentes.

4. Que se dea traslado do anterior ao Comité de Seguridade e Saúde correspondente.

5. Por esta organización sindical tomaránse as accións oportunas no caso de non achegar a documentación requirida.

Fitxers adjunts

COMPARTIR