CSIF solicita a cobertura dunha praza en substitución así como nomeamento de persoal de reforzo na Sección de instrución praza número 3 do T.I. de Lugo.

  • CSIF Informa

25 de de setembre de 2026

Dende CSIF remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza xa que tivemos coñecemento de que dende o 3 de setembro do ano en curso hai unha praza de xestión na Sección de Instrución da praza número 3 que está sen cubrir como consecuencia da marcha da titular en comisión de servizos.

Segundo a Resolución de 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, a cobertura desta praza ten encaixe na provisión por substitución polo que non debería producirse máis demora xa que, ademais, a sobrecarga deste órgano é desmesurada.

Neste senso, tamén consideramos necesario que se reforce con persoal suficiente esta sección xa que o persoal existente non pode asumir o volume tan elevado de traballo, algo do que levan adolecendo dende hai moito tempo  e que se agravou quitando o persoal de reforzo que había.

Isto leva a que o persoal estea ao borde do colapso con ansiedade e estrés que irá a máis se non se procede ao nomeamento de persoal suficiente.

Polo exposto, dende CSIF solicitamos que se proceda nos termos antes expostos e á maior brevidade.

Fitxers adjunts

COMPARTIR