Tribunal de Instancia de Viveiro: CSIF solicita á DXX que se manteña o persoal de reforzo de xestión, tramitación e auxilio.

  • CSIF Informa

21 de de maig de 2026

Dende CSIF tivemos coñecemento de que o CXPX non da o visto bo á Comisión para a prórroga da xuíza de apoio do Tribunal de Instancia de Viveiro e, polo tanto, está en risco a continuidade do resto do persoal de reforzo (LAX  e persoal funcionario de xestión, tramitación e auxilio).

Dende esta central sindical consideramos que é absolutamente necesario que a Dirección Xeral manteña o persoal funcionario de reforzo de xestión, tramitación e auxilio polo que remitimos escrito solicitando a prórroga.  De non facelo , afundiríase este órgano xudicial posto que a carga de traballo neste partido é algo estrutural, como sabemos todos, con volume de entrada de asuntos que exceden amplamente os módulos establecidos no Acordo entre o Ministerio de xustiza e o CXPX. Ademais, hai que ter en conta o desgaste mental que isto suporía para o resto do persoal pois xa levan anos e anos arrastrando esta situación como para que, de novo, se quite o persoal de reforzo.

Fitxers adjunts

COMPARTIR