CSIF solicita á DXX a cobertura inmediata dunha praza no SCEX penal de Lugo.

  • CSIF Informa

9 de d’abril de 2026

Dende CSIF remitimos escrito á DXX solicitando que se proceda á cobertura dunha praza de tramitación procesual no SCEX, área penal, de Lugo e que leva sen cubrir dende novembro de 2025.

A maior abundamento, neste servizo común, aparte desa praza estiveron con dous postos máis sen cubrir durante todo este tempo (unha cubriuse hai unha semana pero levaba dende hai máis dun mes baleira e a outra ofertouse onte nos chamamentos de persoal interino).

Esta nova organización non pode usarse para diluír prazas. Unha cousa é buscar a eficiencia xudicial e outra moi distinta é non cubrir prazas que, son a todas luces, necesarias e en áreas e servizos comúns moi sobrecargados como é éste e á costa do desgaste mental dos outros compañeiros/as.

 

 

 

 

Fitxers adjunts

COMPARTIR