Produtividade Violencia de xénero sobre a muller (VXM) para o ano 2026.
- CSIF Informa
8 de d’abril de 2026
Dende a DXX acaban de remitirnos o seguinte correo:
"Segundo o artigo 2.c da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller percibirán un complemento retributivo por obxectivos o persoal funcionario do Servizo común de tramitación do tribunal de instancia dos partidos xudiciais da fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. Unha vez pechada definitivamente a estatística correspondente aos datos do ano 2025, constátase que cumpren o criterio establecido no artigo 2.c da dita resolución os seguintes servizos comúns de tramitación do tribunal de instancia que asumen a materia de violencia sobre a muller:
- SCT de Betanzos
- SCT de Carballo
- SCT de Monforte de Lemos
- SCT de Viveiro
- SCT de Barco de Valdeorras
- SCT de Ponteareas
- SCT de Vilagarcía de Arousa
- SCT de Tui
- SCT de Cangas
- SCT de Lalín
- SCT de Cambados
- SCT de Redondela
- SCT de Porriño
- SCT de Marín
Asignarase con efectos económicos dende o 01.01.2025 o complemento de produtividade ao persoal funcionario dos centros de destino anteriores dentro dos límites establecidos na devandita resolución.
A certificación da Dirección do servizo común farase de xeito mensual e poderá facerse a través da OPAX."