CSIF solicita ao Ministerio de Xustiza a aprobación de 19 prazas xudiciais en Galicia, incluido o número 8 da Sección de Instrución da Coruña e Vigo.
- CSIF Informa
6 de d’abril de 2026
Dende CSIF remitimos escrito ao Ministerio de Xustiza solicitando a aprobación para Galicia das prazas propostas no Proxecto de Real Decreto de creación de cincocentas unidades xudiciais correspondentes á programación de 20226 e de adecuación da planta xudicial.
Temos coñecemento de que a finais de maio ou xuño se aprobará o Real Decreto de creación, unha vez emitido o informe favorable polo CXPX e que Xustiza traballa no borrador do decreto onde se mantén a dotación xurídica para a Coruña e Vigo.
Por todo iso, CSIF SOLICITA que se realicen as xestións necesarias para que na aprobación do Real Decreto de creación de unidades xudiciais para Galicia se manteña a creación e recuperación da praza de Maxistrado/a da Sección de Instrución número 8 do Tribunal de Instancia da Coruña e Vigo.