Resumo mesa sectorial 03/02/2026.
- CSIF Informa
3 de de febrer de 2026
Hoxe tivo lugar unha reunión entre a DXX e as organizacións sindicais, tendo como orde do día o seguimento e implantación da NUMO en Galicia.
Di a Dirección Xeral que a fase I, salvo nalgún partido xudicial concreto no que se levou a cabo a moratoria, está plenamente implantada. Admite que hai deficiencias nalgunhas vilas, problemas da compatibilidade do persoal que está no rexistro civil coa oficina, teñen pendente a compatibilidade das OJM cos oficinas cabeceiras de partido e tamén a reforma do decreto de agrupación de municipios. Din que cando teñan conclusións definitivas, que as pasarán.
En canto á fase III, onte enviaron un novo cronograma porque entenden que canto menos dure o proceso, mellor. Foi consensuado con LAXs e xuíces e empezouse polas cidades grandes (Coruña, Vigo) porque son as que máis sofren este periodo transitorio. A idea é que os cambios tecnolóxicos se produzan ata o día 12 de febreiro. Os cambios físicos a partir do 16 de febrero, Nos servizos denominados “críticos” como instrución, vsm, rexistro, reparto, internamentos..os cambios físicos e tecnolóxicos fanse á vez. Teñen un obstáculo co persoal de auxilio xudicial, vanse alargar os permisos máis alá do 12 de febreiro porque non está clara a amplitude dos permisos, se se lles vai conceder de toda a área o serán máis limitados.
Di o Director Xeral que o procedemento sabemos que é complexo, que imos ter incidencias e que tivemos xa algunhas porque aparte de intervir Xunta, tamén intervén Ministerio e CXPX. Por exemplo, di que houbo un problema no buzón do SCT da AP de Ourense e que a solución dependía de Ministerio, non deles. Admite disfuncións entre LAXs, que hai falta de coordinación, que nalgúns sitios están funcionando como antes e que, por iso, vai ir visitando aos LAXs para ir explicando o sentido da lei de eficiencia. Neste senso, podemos remitirlle alegacións para trasladar á comisión mixta dos LAXs.
Dende CSIF trasladamos as nosas alegacións por escrito respecto da fase I e tamén da fase III, e recalcando as relativas a Ourense, onde a implantación é maior por ser cidade piloto.
Tamén nos deron conta do que se tratou na Comisión Mixta da Sala de Goberno do TSXG: Explicouse o novo cronograma da fase III, falaron dos “servizos críticos”, os problemas do persoal de auxilio xudicial, reubicación do persoal, incidencias cos buzóns de Lexnet e do Punto Neutro Xudicial e tamén se comentou que estas RPTs non son definitivas, probablemente haxa que realizar cambios. Comentáronlles a posibilidade de modificar as RPTs da Audiencia e do TSX de xeito que sexan servizos comúns de tramitación e execución de forma que sigan funcionando como ata agora. Así mesmo, falaron de instalar sistema de videoconferencias nos xulgados comarcalizados e nas vilas e tamén do expurgo (non cre que se poida crear a Xunta de Expurgo antes de marzo ou abril).
A sinalética xa está contratada, salvo nalgúns concellos por temas de normativa urbanística. Primeiro comezan coa sinalética exterior e despois a sinalética interior.
De momento, di a DXX que non se poden nomear reforzos para ver realmente as necesidades de cada área, algo do que desde CSIF estamos totalmente en contra porque nalgúns sitios xa son evidentes.
En canto á Conferencia Sectorial co Ministerio de Xustiza, tratouse o impacto da NUMO nas CCAA e tamén se falou do convenio marco de transferencia tecnolóxica. Neste senso, Galicia está a espera de firmar este convenio para ter Atenea e seguen en negociacións co Ministerio. Así mesmo, falaron da execución dos fondos europeos, de crear un grupo de traballo de asistencia jurídica gratuita (o Ministerio comprometeuse a modificar esta lei) e da supresión do grupo IV de población. Esto último foi un logro conseguido polos nosos compañeiros e compañeiras de CSIF xustiza nacional co Ministerio.
En canto ao Real Decreto de creación de novas prazas xudiciais: Din que se enteraron pola prensa desas 19 prazas que se pretenden crear en Galicia pero admiten que agora teñen 15 días para facer alegacións e dannos traslado tamén ás organizacións sindicais para que lles remitamos as nosas antes do luns. Dende a DXX estiman que nos corresponden 35 prazas e non 19.
En canto a outras cuestións:
Dende CSIF pedimos que na OPAX , na oferta de prazas a persoal interino, apareza a RPT, Area o equipo, para identificar o posto como ocorre nas substitucións e comisións e din que están traballando niso.
En canto á formación tecnolóxica, faise cargo Amtega pero si cremos que é necesaria máis, que están dispostos a impartir máis. En canto á formación xurídica, din que se presupón ao ter aprobada a oposición e que si non, que se encargue o LAX correspondente. Dende CSIF solicitamos a creación dunha bolsa de formadores.
No que respecta ao persoal de confianza dos/as decanas, deberían ser, no seu caso, obxecto de convocatoria mediante libre designación como outras prazas, a DX di que sempre existiu este persoal e que tampouco van nomear nin reforzos nin interinos nas prazas destes funcionarios “de confianza” dos decanos/as.
Respecto aos funcionarios/as de apoio a xuíces, a DX di que esas plazas non existen na RPT. Teñen coñecemento de que se están nomeando funcionarios de apoio a xuíces e que se é de forma voluntaria,non hai problema pero sí cando son forzosos. Dende CSIF instamos a que se traslade á comisión mixta de LAXs que ditas designacións non poden ser ao arbitrio de LAXs nin de xuíces. E, en todo caso, ten que primar a voluntariedade e teñen que estar claras as funcións que se lles encomenden.
CSIF preguntou polas prazas que deixa o persoal que obtivo unha xefatura ou unha libre designación. Solicitamos que se nomee persoal nestas prazas. En canto á ubicación, di o Director Xeral que depende da organización interna dos letrado/as.
En canto ás reubicacións de persoal en Ourense, están dispostos a miralas sempre que se lles remita un proxecto serio e definitivo por parte do letrado coordinador.
As guías dos xulgados de violencia sobre a muller comarcalizados seguen traballando nelas, dependen tamén de xuíces e fiscais e non hai reunións previstas.
En canto ás prazas que se van ofertar a concurso de méritos e concurso oposición, valoran ofertar as vacantes según se vaian producindo (loxicamente, deixando aparte as reservadas a concurso). Pídennos alegacións sao respecto.
Problemas coa produtividade de VSM en vilas: Vanlle dar unha volta, ao mellor dirixen instrucións aos LAXs para ver cómo se poden certificar.
Problemas co trato persoal na delegación de Ourense: A DXX nega estas cuestións. Dende CSIF denunciamos que cando hai olvidos de fichaxes en Ourense, estanse solicitando certificacións aos LAXs, polo que solicitamos que se den instrucións para que deixe de facerse isto.
CSIF tamén evidenciou o trato despótico dos LAXs directores e do coordinador de Ourense, totalmente inadmisible.
Mesa de Teletraballo: Este mes remitiránnos o borrador e despois haberá mesa de negociación.
Informes para as comisións de servizo: Realizaránse polo/a LAX director e se hai áreas, o da área.
Reparto locais sindicales Pontevedra: Están pendentes de visita polo Conselleiro, xa o comunicarán.
Certificación das gardas na aplicación OPAX: están traballando para que estea operativa o antes posible.
En canto á visita do Director Xeral á Viveiro e solicitada por CSIF dende hai tempo, tomou nota.
CSIF solicitou tamén a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde: Neste senso, a ver se poden convocarnos este mes. Xa trasladamos que hai problemas de filtración en Monforte e pedimos que lle den celeridade ás obras.
Dende CSIF tamén solicitamos teléfonos móbiles para os compañeiros e compañeiras do xulgado de garda da Coruña, sen que teñen que usar os seus persoais.
Escalafón na OPAX: Din que temos que ser pacientes.
En relación a autorización dos LAX ao persoal funcionario na CDCX, relativa aos embargos, dende CSIF solicitamos que non aparezan datos do persoal e, ou ben, se inclúa que o LAX valide ao igual que o fai en SIRAJ ou que se estableza un código interno que será o que apareza nas comunicacións da CDCX. O funcionariado non ten, dentro das súas funcións, levar a conta de consignacións.
Praza de xestión en Carballo: Non se está cubrindo polo que insistimos na súa cobertura.
Bolsa de interinos: En canto á situación das bolsas, trasládannos que a día de hoxe están prácticamente agotadas, incluso a lista de baremados, agás a de Pontevedra. Respecto da convocatoria, de momento non hai previsión.
Vacacións: solicitamos unha regulación das vacacións adaptada xa aos Tribunais de instancia.
Procesos selectivos: Non poden avanzar nada novo.