Curso superior de protección de datos.

  • Formación

9 de de setembre de 2025

Dirixido ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario. No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.

O curso desenvolverase na modalidade mixta con sesións presenciais (só a sesión inaugural), de telepresenza e de teleformación, desde o mércores 24 de setembro ata o martes 16 de decembro de 2025.

Duración: 118 horas lectivas

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 15 de setembro de 2025.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250908/AnuncioO150-290825-0001_es.html

COMPARTIR