A Consellería dá unha volta completa ás oficinas de emprego
- Otros artículos
13 de de juny de 2025

Nota informativa da reunión das OO.SS coa secretaría xeral da consellería de Emprego, Comercio e Emigración para analizar a proposta de modificación da súa RPT. As modificacións propostas pola nosa organización centráronse na mellora dos niveis das prazas que non entraron na proposta. Entendemos que deben establecerse uns criterios unificados dos niveis de todo o persoal, e incidimos en que se determinen as funcións asignadas a cada un dos postos da nova estrutura das oficinas.
O pasado día 11 de xuño tivo lugar, unha reunión para ter a primeira toma de contacto coa consellería para analizar a proposta de modificación da RPT.
Dita modificación ten por obxecto:
- Por unha parte, adaptarse ao novo Decreto de Estrutura
- Por outra crear un Modelo Único de Oficinas de Emprego formado por Director/a, Xestores/as de Emprego e Orientadores/as, ademais do persoal de administración e o persoal Subalterno nas oficinas que o necesiten.
En base a esto, dende a consellería propoñen as seguintes modificacións:
Postos creados: Na documentación facilitada faise referencia á creación de 172 postos, dos que 111 son de Xestor/a de Emprego, tendo todos eles nivel 20 e abertos aos grupos A2-C1-C2.
Ademais destes, nas oficinas de emprego, créanse 8 postos de Director/a de Oficinas de Emprego con nivel 26, abertos aos subgrupos A1 e A2 e de nivel 25, aberto aos subgrupos A1, A2 e C1, en función do tamaño da oficina e 17 postos Agrupación Profesional, con nivel 12.
Isto supón que o 79% dos postos creados son postos das oficinas de emprego con un custo anual de 5.362.603,71€ que representa case que o 73% do custo total das prazas creadas (7.378.306,95€).
Postos amortizados: As amortizacións elévanse a 204 postos dos que 196 son vacantes (destas 21 non teñen dotación Orzamentaria). Non vacantes hai 8 postos (2 non teñen dotación Orzamentaria). Polo tanto quedarían amortizados 175 postos vacantes mais 6 non vacantes o que fai un total de 181 prazas amortizadas cun aforro total de 6.637.511,85€.
Unha vez postos os número enriba da mesa, debemos salientar a actitude proacticva amosada pola Consellería que explica que os cambios plantexados son de moito calado e supoñen un novo enfoque do entramado de oficinal de emprego e do seu funcionamento.
Aclara que as prazas de estabilización non entraran dentro das amortizacións e que o que se pretende é manter ao persoal xa formado e con experiencia nas oficinas de emprego.
En canto ás modificacións propostas pola nosa organización centráronse na mellora dos niveis das prazas que non entraron na modificación, para que como reza na memoria, “…Facer atractivos os postos para os empregados públicos, coa finalidade de incentivar a súa provisión e acadar unha maior estabilidade…”
Entendemos que deben establecerse uns criterios unificados dos niveis de todo o persoal, e incidimos en que se determinen as funcións asignadas a cada un dos postos da nova estrutura das oficinas.
Pola súa parte a Consellería comprometeuse a estudiar as propostas é elevalas aos órganos competentes, abrindo un prazo para recibir as alegacións por escrito e propoñendo fixar unha nova reunión o día 24 do presente mes.