Fondo de Acción Social 2023

  • Convocatorias

22 de de maig de 2024

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2023, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

 

A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2023. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

 

Poden solicitalo:

  • Persoal funcionario, incluído o persoal docente
  • Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia en determinadas situacións
  • Profesorado de relixión

O prazo de presentación abranguerá dende o xoves día 23 de maio ata o mércores día 5 de xuño de 2024

Fitxers adjunts

COMPARTIR