Convocatoria para o programa CUALE 2024/25

  • Convocatorias

19 de abril de 2024


Co obxecto de realizar a convocatoria para o curso 2024/25 de autorización do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado–Cuale– nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolve anunciar:

 A regulación e a convocatoria de autorización do Programa de cursos paraa formación complementaria en linguas estranxeiras do  alumnado –Cuale– para o curso 2024/25 estarán dispoñibles no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: http://www.edu.xunta.gal/portal
 Os centros que desexen implantar o programa Cuale deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.es/programaseducativos no programa correspondente Cuale.
 O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 10 de xuño de 2024.

 

RESOLUCIÓN EN DOG

 

 

COMPARTIR