Resolución de centros seleccionados no programa Aulas de emprendemento na FP 2024

  • Convocatorias

15 de abril de 2024

Publicada a resolución do 11 de abril de 2024 pola que se fai pública a resolución de centros seleccionados para participar  no programa Aulas de emprendemento 2024, convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (http://www.edu.xunta.gal), de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

COMPARTIR