CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS - CADP

  • Otros artículos

26 de junio de 2018

CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS - CADP

- OBRIGATORIEDADE DE PARTICIPACIÓN:

Toda persoa que esté obrigada a participar neste concurso (suprimidos, desprazados, solicitantes de comisións, procedentes do extranxeiro, profesorado en expectativa, interinos e substitutos) deberá cumprimentar unha instancia e presentala por vía telemática.

- OLLO!!! O interino e substituto que, estando obrigado a participar, non formule solicitude en ningunha especialidade decaerá de todos os seus dereitos nas listas de todas as especialidades nas que tiña dereito a participar.

- PRAZO DE SOLICITUDES:

Dende o 27 de xuño ata o 17 de xullo

O persoal opositor que supere o procedemento selectivo terá de dous días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da lista de aprobados de cada tribunal.

- O prazo para que o persoal interino e substituto solicite a non participación na convocatoria é o comprendido entre o 15 e o 21 de xuño. Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa.

- SOLICITUDES:

As solicitudes deberán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.es/cadp  e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e poderá empregarse o sistema de usuario e Chave 365.

- A solicitude formulada será válida para as seguintes convocatorias a partir do curso académico 2019-2020

- PUBLICACIÓN PARTICIPANTES CADP:  

A data da publicación das relación provisionais de persoal que ten dereito a participar na adxudicación de destinos, por lista única cando proceda, e por especialidades e orde de prioridade, será na dirección de internet www.edu.xunta.gal o día 2 de xullo .

Publicadas as relacións de persoal, abrírase un prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións. Transcorrido este prazo publicarase a lista definitiva do persoal docente que ten dereito a participar.

A data previsible da publicación da lista definitiva é o 26 de xullo de 2018.

- RESOLUCIÓNS PROVISIONAIS: 

MESTRES: data previsible 27 DE XULLO (reclamacións/renuncias 2 días hábiles)

SECUNDARIA E OUTROS CORPOS: data previsible 31 DE XULLO (reclamacións/renuncias ata o dia 3 de septembro)

- RENUNCIAS A RESOLUCIÓN PROVISIONAL: (por medios electrónicos)

- A renuncia a adxudicación provisional deberá realizarse no prazo de reclamacións á resolución provisional, e aínda que non se obtivese destino nesta, pois iso non supón que non se poida obter na resolución definitiva.

- O persoal interino e substituto que estea nunha situación das que se relacionan a continuación, poderá solicitar non participar nesta convocatoria ou renunciar á resolución provisional:

- Atender o coidado dunha/dun filla/fillo menor de seis anos.

- Para atender o coidado dun familiar(1º grao) que teña ao seu cargo.

- Por enfermidade grave do propio docente.

- Por ter concedida unha bolsa de estudos.

- Por ser vítima de violencia de xénero.

- Por ampliación de estudos.

- Por ter un contrato de traballo de carácter temporal.

- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS:

MESTRES: 3 DE AGOSTO

SECUNDARIA E OUTROS CORPOS: 11 DE SEPTEMBRO

 

 

- RESTRICCIÓN DE PROVINCIA OU ZONA

- O persoal docente interino e substituto que non obteña praza na adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como persoal docente interino ou substituto nunha ou varias provincias (así como en determinados concellos se as circunstancias llo permitisen) na páxina www.edu.xunta.es/substitutos  no prazo do 16 de xullo ao 17 de agosto.

- TOMA DE POSESIÓN:

O persoal funcionario do corpo de mestres tomará posesión no centro educativo de destino con efectividade do 1 de setembro do ano correspondente.

 O persoal funcionario dos restantes corpos tomará posesión tamén no centro educativo de destino e incorporarase con efectividade económica e administrativa da data fixada para o inicio da impartición efectiva das clases, agás no suposto de

 

DATAS E PRAZOS DO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL

 

PRAZO PARTICIPACIÓN

Dende o 27 de xuño ata o 17 de xullo

 

PRAZO DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL PARA APROBADOS

2 días hábiles dende a publicación dos aprobados

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS DE PARTICIPANTES

Provisional: 2 de xullo

 

RECLAMACIÓNS CONTRA AS RELACIÓNS DE PERSOAL CON DEREITO A PARTICIPAR

5 días hábiles desde a publicación das mesmas

PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE PARTICIPANTES

Definitiva: 26 de xullo

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL

Mestres: 27 de xullo

Secundaria e outros Corpos:  31 de xullo

 

RENUNCIAS E RECLAMACIÓNS

Mestres: 2 días hábiles

Secundaria e outros Corpos: ata o 3 de septembro

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Mestres: 3 de afosto

Secundaria e outros Corpos: 11 de septembro

RESTRICCIÓN DE PROVINCIA OU ZONA

Do 16 de xullo ao 17 de agosto

 

TOMA DE POSESIÓN COMO FUNCIONARIO/A DE PRÁCTICAS*

Mestres:  1 de setembro.

Outros Corpos:  data de comenzo das clases.

 

TOMA DE POSESIÓN COMO FUNCIONARIO/A DE CARREIRA*

Todos os Corpos: 1 de setembro de 2019

 

A CORUÑA  ense15@csif.es

Rúa Bugallal Marchesi nº 5 Entrechán Derch 15008

981 134113 / Fax:  981060324

SANTIAGO ense77@csif.es

Rúa do Valiño nº 65 Baixo

15707

981 560951 / Fax: 981575140

LUGO  ense27@csif.es

Rúa Conde nº 2 Baixo

Posterior 27003

982 250169 / Fax: 982 245521

OURENSE ense32@csif.es

Rúa Progreso nº 145 Entrechán

32003

988 241111 / Fax: 988 213538

PONTEVEDRA ensino36@csif.es

Rúa Marqués de Riestra nº 18 Entrechán 36001

986 896900 / Fax: 986 896901

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR