A VERDADE SOBRE O ACORDO ASINADO POR CSIF EN TERRITORIO MINISTERIO.
- Otros artículos
12 de d’abril de 2024
Despois das circulares e correos remitidos dende diferentes organizacións sindicais malinformando e facendo interpretacións interesadas e sesgadas do acordo asinado por CSIF no ámbito non transferido para a subida do complemento específico, e aínda que non sexa o noso xeito de traballar, vémonos na obriga de aclarar varios puntos sobre o devandito acordo, xa que o descoñecemento moitas veces conleva unha doada manipulación.
1.- Os ámbitos de negociación para os empregados/as públicos de xustiza son tres: Mesa Xeral de funcionarios/as públicos, Mesa Sectorial e Mesa Delegada de Xustiza.
2.- Na primeira delas negociase as condicións que afectan a todos os empregados públicos de todos os sectores da administración. Aí por exemplo e onde se acorda a subida anual para todo o persoal funcionario ou normativa de xubilacións de réxime xeral. Está composta por CSIF, UGT, CCOO e sindicatos nacionalistas. NON ESTAN nin USO nin STAJ.
3,-Na mesa sectorial de Xustiza negócianse as condicións e normativa que afecta a todo o persoal de xustiza en todo o territorio nacional e, polo tanto, e onde se tratan temas de funcións, leis de eficiencia, teletraballo, carreira profesional, gardas, etc. Temos representación CSIF, STAJ, UGT E CCOO ademáis dos sindicatos nacionalistas.
4,. Por último, a Mesa Delegada é onde se negocian as condicións e normativa que atinxe soamente ao territorio do Ministerio de Xustiza e onde se fraguou ese acordo. Facendo unha comparación é como a nosa mesa de Galicia na que se debaten e aproban temas puntuais e de normativa sobre competencias transferidas. Estamos representados CSIF UGT CCOO ademáis dos sindicatos nacionalistas. NON ESTAN nin USO nin STAJ. Aquí temos o noso CAT que é o seu complemento específico. Por tanto, non podemos decirlle que é o que teñen que facer igual que eles non nos poden decir a nos que temos que facer co noso CAT. Cada un ten a súa competencia no seu ámbito.
Ademáis, algúns destes sindicatos firmaron e están firmando subidas de complemento específicos noutras comunidades como Asturias, Madrid, Pais Vasco etc. (Basta ver os seus blogs.). En fin, sen comentarios. Ademais de que o complemento en territorio Ministerio levaba moitos anos sen incrementarse e era dos máis reducidos de toda España.
Pódese ver claramente quen son os que se encargan de difundir teorías conspiranoicas e información sesgada en aras de confundir e enfrontar. Sempre os que non están nin se lles espera non teñen outra saída máis que seguir o vello lema de “difama que algo queda”.
5.- Por último, A NEGOCIACIÓN NON ESTÁ PECHADA. Na mesa Sectorial de Xustiza de Madrid seguimos a presionar para que a implantación dos Tribunais de Instancia redunde tamén nas nosas retribucions en todo o territorio nacional a través do Complemento Xeral do Posto, amén de que a subida nestas comunidades (todas) tamén nos beneficia o ter que estar no medio da táboa de todos os territorios.
CSIF SEGUIRÁ PRESIONANDO EN TODAS AS MESAS POR ESA SUBIDA E POR MELLORAR AS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO, COMO SEMPRE FIXEMOS E POR ESO SEGUIMOS SENDO OS PRIMEIROS A NIVEL NACIONAL. TAMPOUCO ENTRAREMOS A MÁIS EMBITES NIN RÉPLICAS. NON É O NOSO XEITO DE TRABALLAR.