¡AGORA SI! Aprobado e publicado o decreto de coeficientes reductores para que os bombeiros e bombeiras forestais poidan xubilarse anticipadamente
- Otros artículos
18 de September de 2025

Esta medida ten a súa orixe na Lei Básica de Bombeiros Forestais aprobada polo Parlamento no ano 2024 e na que CCOO, CSIF e UGT tivo unha importante participación con propostas e
xuntanzas cos grupos parlamentarios co obxectivo de establecer non só a aplicación de coeficientes redutores na idade de xubilación, senón tamén un marco regulador homoxéneo en canto a funcións e condicións de común aplicación para todos os colectivos de persoas queinterveñen na prevención e extinción de incendios, independentemente da administración á que pertenzan.
As claves desta nova regulación son as seguintes:
– Aplicación dun coeficiente redutor do 0,20 sempre e cando a persoa acredite un
período mínimo de cotización de 15 anos. É dicir, unha persoa con 15 anos cotizados
verá reducida a súa idade de acceso á xubilación en tres anos que se considerarán como
anos cotizados á hora de calcular o importe final da pensión de xubilación. Á súa vez,
para manter o equilibrio financeiro do sistema de Seguridade Social, aplicarase unha
cotización adicional (10,60 % – o 8,84 % a cargo da empresa e o 1,76 por cento a cargo
da persoa traballadora).
– Poderase anticipar a idade de xubilación ata un máximo de cinco anos en relación
á idade ordinaria de xubilación. Quere isto dicir que un traballador que puidese
xubilarse aos 65 anos, como máximo poderá anticipar a súa xubilación aos 60 anos.
Excepcionalmente, poderase anticipar ata 6 anos no caso de persoas que acrediten un
período de cotización de 35 anos de actividade como bombeiro/a forestal.
– Para facilitar a aplicación destes coeficientes desde a Tesourería Xeral da Seguridade
Social xa se ditaron as correspondentes instrucións ás empresas e administracións.
– Este coeficiente redutor aplicarase de oficio por parte do Instituto Nacional da
Seguridade Social cando o interesado solicite a súa pensión de xubilación. Polo
tanto, non hai que facer unha solicitude expresa de recoñecemento do coeficiente redutor
da idade de xubilación; senón que, no momento en que o INSS comproba que o
traballador/a cumpre os requisitos (establecidos no art. 205 da Lei Xeral da Seguridade
Social), xa aplica directamente a compensación correspondente. Isto, sempre que o
traballador presente o certificado da empresa acreditativo do período durante o cal
desempeñou a súa actividade.
Así as cousas, desde CCOO, CSIF e UGT instamos á Xunta de Galicia a que poña en marcha con carácter inmediato todas as accións e modificacións que marca a normativa básica estatal
(en especial as instrucións ditadas pola Tesourería Xeral da Seguridade Social no que se refire ao recoñecemento dos códigos de ocupación – CNO – e á aplicación das cotizacións adicionais)co obxectivo de axilizar e facilitar o máximo posible o exercicio do dereito de xubilación conaplicación de coeficientes redutores para os profesionais vinculados á prevención e extinción deincendios.
Valoramos moi positivamente que o longo camiño iniciado hai varios anos culmine hoxe cunha norma que ven poñer en valor o traballo dos bombeiros/as forestais e ven facer xustiza
(igualando a súa xubilación ao resto de bombeiros) ao recoñecer os riscos aos que está sometidoeste colectivo de traballadores e traballadoras, e que desgraciadamente amosou toda a súa dureza durante a dura vaga de lumes deste verán.
Por último, desde CCOO, CSIF e UGT lembramos que nas próximas semanas verá tamén a luz o Decreto que regula esta mesma materia para o colectivo de axentes forestais emedioambientais (do que tamén daremos a oportuna información).
*Para ler máis sobre a valoración do CSIF PREME AQUÍ
*Para ler a nota conxunta PREME AQUÍ