Que informa CSIF?
Desde o servizo CSIF Ayuda Profes advirten da preocupación pola situación que se vive a diario nos centros educativos: faltas de respecto, perda de autoridade docente, escasa implicación das familias e sensación de desamparo por parte da Administración.
Co obxectivo de estruturar accións e propostas útiles, CSIF puxo en marcha unha enquisa ao profesorado para recoller a percepción real do persoal docente sobre convivencia, apoio institucional, burocracia e condicións laborais.
Obxectivo da enquisa: coñecer a realidade que vive o profesorado e reforzar a acción sindical de CSIF na defensa da dignificación da labor docente.