X Concurso de Postais de Nadal – CSIF Lugo

  • Otros artículos

7 de November de 2025

CSIF Lugo convoca o seu tradicional certame para encher de creatividade e espírito do Nadal as nosas aulas e fogares. Consulta as bases oficiais nos seguintes apartados despregables.

👧👦 Participantes Base

Poderán participar os fillos/as de todos os afiliados/as e dos familiares dos afiliados/as de CSIF Lugo que estean na etapa educativa de Primaria.

🎨 Tema do concurso

O tema da tarxeta será alusivo ao Nadal e de creación propia. Ademais do debuxo poderase incluír frase ou texto curto de felicitación.

Valorarase a orixinalidade, creatividade, complexidade e presentación en función da idade dos participantes.

📄 Formato e técnica
  • Soporte: folio, cartolina ou cartón de cor branca.
  • Tamaño: A5 (metade dun A4).
  • Técnica: libre. Pódense empregar ceras, rotuladores, acuarelas, témpera… e calquera técnica.
📝 Presentación dos traballos

Só se poderá presentar unha tarxeta por participante. Non levará sinatura e no dorso da mesma figurará:

  • Nome e apelidos do/da participante
  • Domicilio
  • Idade
  • Teléfono de contacto

Entrega na sede de CSIF Lugo ou por correo ordinario ao enderezo: Rúa Conde, 2 – Baixo Posterior, 27003 Lugo.

⏰ Prazo de presentación

A data límite de entrega ou recepción será ata as 24:00 h do 19 de decembro de 2023.

🏆 Premio

Ao gañador/ra faráselle entrega dunha TABLET.

🖼️ Exposición dos traballos

Todas as tarxetas presentadas serán expostas na sede e pasarán a ser propiedade do sindicato.

✅ Aceptación das bases

A tarxeta seleccionada empregarase para felicitar o Nadal o vindeiro ano e só poderá ser utilizada polo sindicato CSIF.

A participación neste concurso suporá a aceptación das bases.

Anímate a participar!

Consulta estas bases, prepara a túa postal e entrégaa na nosa sede. 💚

COMPARTIR