Programa para o Impulso de Proxectos de Inclusión Educativa
- Convocatorias
10 de September de 2025

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 9 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE),dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025/26.
Todo o procedemento de solicitude realizarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/programaseducativos/. A persoa responsable da dirección do centro, ou persoa autorizada (a través da aplicación Autoriza), será quen terá o permiso de creación e presentación da solicitude.
O prazo de envío de solicitudes comezará o 10 de setembro e rematará o 7 de outubro de 2025.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de setembro ata o venres 3 de outubro de 2025, e se realizará por medios electrónicos segundo consta no apartado noveno desta mesma convocatoria.
Achegamos nesta noticia a documentación relacionada.