Convocatoria III Premio ConVivimos 2025

  • Convocatorias

23 de June de 2025

A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional, vén de convocar a primeira edición do III Premio ConVivimos 2025 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional no ámbito educativo.

Para o curso 2024-2025 os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

 

Concederase para cada categoría, catro premios:

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán, nunha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.

O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ata o 30 de setembro de 2025 (incluído).

 

COMPARTIR