Concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2025/26
- Convocatorias
20 de June de 2025

Resolución do 11 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2025/26 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, para extinguir, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
- O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 23 de xuño de 2025 ata o día 11 de xullo de 2025, ambos os dous incluídos.
Resolución do 11 de xuño de 2025 (Convocatoria DOG)
RESOLUCIÓN PROVISIONAL CADP 25/26
A continuación deixamos a ligazón para consultar a resolución nos distintos corpos:
- Adxudicación provisional Mestres (Orde Adxudicación)
- Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
- Adxudicación provisional Secundaria (Orde Adxudicación)
- Adxudicación provisional Secundaria (Orde Alfabética)
RESOLUCIÓN DEFINITIVA CADP 25/26
Xúntanse a continuación as adxudicacións definitivas por corpos así como as instrucións para a toma de posesión do persoal docente adxudicado:
- Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde alfabética)
- Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde adxudicación)
- Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde Alfabética)
- Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde adxudicación)
- Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)