Convocatoria dos premios educativos Innovagal para os centros públicos para o ano 2025

  • Convocatorias

4 de June de 2025

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2025.

Poderán concorrer na categoría correspondente os seguintes centros:

A) escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

B) centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o momento da publicación desta convocatoria no Portal Educativo ata o venres, 17 de outubro de 2025, e se realizará por medios electrónicos segundo consta no apartado 5 da mesma convocatoria.

 

COMPARTIR