CSIF solicita á DXX a cobertura dunha praza de tramitación na Oficina do Rexistro Civil de Lugo.
- CSIF Informa
28 de September de 2026
Dende CSIF presentamos escrito á Dirección Xeral de Xustiza posto que tivemos coñecemento de que quedou unha praza vacante de tramitación na Oficina do Rexistro Civil de Lugo. O suposto atópase regulado no apartado “e” do artigo 3 da Resolución do 19 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, encaixa na provisión do posto mediante este sistema.
Resáltase a importancia de que se convoque á maior brevidade posible polo servizo do que estamos a falar, con turnos rotatorios entre o persoal funcionario para a atención ao público e cun fluxo constante de usuarios/as.
En consecuencia, dende CSIF solicitamos que se proceda á convocatoria desta praza mediante comisión de servizos e coa máxima celeridade para manter a calidade do servizo público que se presta nesta oficina.