CSIF solicita á DXX outro reforzo máis para o Tribunal de Instancia de Chantada.
- CSIF Informa
 
4 de November de 2025
				Dende CSIF remitimos escrito á DXX solicitando que se proceda ao nomeamento dun reforzo máis no Tribunal de Instancia de Chantada. Aínda que a solución definitiva pase pola creación de prazas posto que a situación neste órgano non é algo conxuntural senón estrutural, consideramos que é necesario prover de xeito urxente outro reforzo debido aos cambios constantes de persoal e a elevada pendencia, provocando niveis elevados de estrés e desgaste emocional no cadro de persoal.