Contestación da DXX a CSIF en relación á limpeza dos condutos de aire acondicionado nos xulgados de Lugo.

  • CSIF Informa

27 de June de 2025

Pola Dirección Xeral de Xustiza recibimos contestación ao noso escrito de data 16 de xuño de 2025 relativo á limpeza dos condutos de aire acondicionado nos Xulgados de Lugo. Reproducimos a contestación:

"Nesta Dirección Xeral de Xustiza recibiuse escrito da Organización Sindical CSIF, dando conta das “queixas” recibidas polo estado no que se atopan os condutos do aire acondicionado e solicitando que se proceda, sen demora, á súa limpeza.

En primeiro lugar débese indicar que os condutos do aire acondicionado están limpos e que se realizan labores de limpeza periodicamente, así como tamén de mantemento para conseguir unha boa calidade do aire, a garantía dun funcionamento óptimo do sistema e un consumo responsable de enerxía eléctrica.

Non obstante e a pesares destas labores, detectouse un mal olor que, posiblemente, estea ocasionado pola presencia dalgunha bacteria xerada pola humidade propia do sistema. Por este motivo, nos vindeiros días procederase á aplicación de produtos profesionais para a eliminación das bacterias e dos malos, a mellora na calidade do aire e a creación dun ambiento fresco e saudable.

Realizarase o control e seguimento desta incidencia para asegurar a súa solución. "

Arxius adjunts

COMPARTIR