Resumo mesa sectorial 02/12/2025.

  • CSIF Informa

2 de diciembre de 2025

ASI, NON: CSIF ASINARA O ACORDO DE TRAXECTORIA SE DEIXA DE DISCRIMINAR E DIVIDIR

No día de hoxe celebrouse unha nova mesa sectorial cunha orde do día que versaba sobre a Traxectoria Profesional,  así como normativa de Substitucións, Comisións de servizo, VSM comarcalizado  e RC.

TRAXECTORIA PROFESIONAL:  REXEITAMOS A DISCRIMINACIÓN QUE SEGUE VIXENTE SETE ANOS DESPOIS.  Os que tanto se vanaglorian dunha traxectoria que nos discrimina e divide, deberían ser coherentes, xa que:  

1.- A traxectoria é un plaxio da aprobada en Xunta. Alí non discriminan a ningún corpo.  Aquí dous corpos van por unha banda e outros dous por outra.

2.- Xestores e Forenses tardan un ano máis en perfeccionar cada Grao. Esto conleva que Tramitación e Auxilio o perciban no ano seguinte coa obriga de declaración aparte.

3.- Non se modifica a normativa para englobar toda a casuística de persoal que ven doutras comunidades.

4.- Non se recolle o noso pedimento dun perfeccionamento de grao continuo e aberto.

5.- No acordo dos 225 euros coa DX aceptamos ir todos o mesmo tempo e percibindo a mesma contía. Sen embargo,agora non defenden ese mesmo argumento.  

6.- Segue mantendo a división de corpos recollido no acordo asinado en 2018 por SPJ-USO, UGT E CCOO.

COMARCALIZACION VSM SANTIAGO E OURENSE: Insistimos en que hai que incluir a todos os pobos para que sigan a percibir o complemento de Vioxen. Que non teñan competencia obxectiva non quere dicir que desapareza o traballo procesual de instrución. Nin moito menos, incluso pode aumentar. Sen embargo, a DX non o ve así, incluso afirman que non supon maior penosidade. (Non imos nin opinar siquera).Pedimos que se elabore dunha vez a guía consensuada con Decanos e Fiscalía a fin de ter unha normativa homoxénea e coherente en toda Galicia.  Vai valorar que poidan percibir o complemento os do grupo penal que tamén tramitan civil.

REXISTRO CIVIL:  A D.X. manifestou que os postos de RC son incompatibles coa oficina e ,polo tanto, non poden participar para formar parte das quendas.

COMISIÓNS DE SERVIZO: Esiximos que se manteñan os seis meses para poder pedir noutra comisión.  Que o informe do Letrado non sexa preceptivo ou, a lo menos, non sexa vinculante. Que se aclare que entenden por unidade, a fin de saber quén ten que asinar ese informe. Non se outorgarán comisións de servizo a persoal funcionario do mesmo centro de destino salvo nos seguintes casos: - Prazas singularizadas. Prazas englobadas dentro dun equipo estrutural ou área distinto da praza da que é titular quen a solicita. Prazas con algunha especificidade recollida na RPT (gardas, VSM....). O persoal que teña como posto definitivo un posto singularizado en LD ou de CE non poderá solicitar un posto en comisión de servizos. XA dixemos que esto non podía quedar restrinxido.  Os postos teñen que ser ofertados abertamente a todo o persoal e que todo o persoal poida solicitalo.

SUBSTITUCIONS: Tendo en conta o regulamento, lopj e as dúas sentenzas estimatorias presentadas por dúas organizacións sindicais,  a normativa ten que trocar no senso de que substitucions e interinos son preferentes a comisións, e ademáis, estas soamente no caso de  estaren vacantes e non contar con  persoa titular. Tal e como se propon no borrador, a substitución vertical sería preferente, do seguinte xeito:

1. Prazas xenéricas. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:1) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade. 2) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e mesmo centro de destino. 3) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade e mesmo centro de destino. 4) Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de destino. 5) Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro de destino

Seguimos insistindo en que sexa SEIS MESES OS QUE CUMPRAN PARA PODER PEDIR NUNHA COMISIÓN E QUE SE ELIMINE A NECESIDADE DE INFORME DO LAJ.

. OPOSICIÓNS DE XUSTIZA: Mandáronse as seguintes prazas ao Ministerio para a oferta de 2025: 26 de auxilio, 34 de tramitación e ningunha de xestión.

REORDENACIÓN: Para a semana remitirán o listados do persoal que foi a reordenación e os destinos.

ROGOS E PREGUNTAS:

-COMPLEMENTO ESPECIFICO: Non poden asegurar que se poida percibir en Xaneiro aínda que se asinou onte no Consello da Xunta a súa aprobación e publicación. Se non é posible en xaneiro, abonaráse en febreiro pero sen concretar datas.

-POSTOS DE LIBRE DESIGNACIÓN E XEFATURAS DE POSTOS ESPECÍFICOS: Vaiselles mandar con tempo suficiente a resolución e a forma de facer a toma de posesión.

-MINERVA NAS OXM: Non teñen data de implantación. Co tempo, Terán o programa Atenea cun módulo propio que lles vai permitir rexistrar e devolver exhortos.

-PROLONGACIÓNS DE XORNADA DOS DECANATOS E REFORZOS DOS TRIBUNAIS DE INSTANCIA, con queixas específicas en Viveiro e Monforte: Están cesando reforzos para empezar de cero o 2 de xaneiro. En todos aqueles órganos nos que sexa necesario, hai que volver pedir tanto prolongacións como reforzos.

-PERSOAL FUNCIONARIO ADXUNTOS AOS DECANOS/AS: Segundo o Director Xeral, no se contempla o seu nomeamento porque non figuran nas RPTs e, de existir, sería nas mesmas condición que actualmente.

-COMPETENCIAS DO PERSOAL DE AUXILIO NOS DECANATOS: Remítense ás funcións previstas nas LOPX. Fóra de aí, entenden que son cuestións xurídicas.

-PERMISO PARA ACUDIR A EXAMES FINAIS (artigo 5 da Resolución de vacacións, permisos e licencias): A pesar dalgunhas reticencias a aplicálo nalgunha Delegación, a DXX mantén que non cambiou e que calquera incidencia se comunique á propia DX.

-ESCALAFÓN: Xa o remitiron para incluir en OPAX. Dende CSIF insistimos en que se faga o antes posible.

-RPTs DE FISCALÍA: Solicitamos que se cumpla a ratio de un funcionario/a por fiscal, tendo en conta o aumento de Fiscais en Vigo, Ourense, Santiago, Monforte…Neste senso, dinnos que efectivamente realizarán esta modificación a partir da implantación dos T.I.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR