- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.
Listas convocadas:
1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):
2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):
3. Corpo de mestres (597)
4. Corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.