Cursos preparatorios para a obtención do Celga 1,2,3 e 4

  • Formación
  • Otra formación
  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario
  • Interino

14 de febrero de 2022

Publicouse no DOG a Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.

 Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes tamén dará lugar á exclusión automática, así como a presentación de solicitudes fóra de prazo.

 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR