CONCENTRACION CONTRA A PRIVATIZACION DOS SERVIZOS PUBLICOS
16 de Marzo de 2016

PRIVATIZAR = A EXPROPIAR O TEU

  • Empresas privadas están a xestionar datos de máis de 40.000.000 de persoas a través de contratos adxudicados pola Xerencia de Informática da Seguridade Social.
  • A Atención telefónica da Tesourería Xeral da Seguridade Social e realizada por operadores de empresas privadas
  • Nas oficinas da Seguridade Social o persoal auxiliar de servizos xerais pertence a empresas privadas
  • As vidas laborais non poden solicitarse directamente nas Oficinas da Seguridade Social, xestionadas tamén nunha empresa privada

CENTOS E CENTOS DE MILLÓNS DE EUROS PAGADOS TODOS OS ANOS A EMPRESAS PRIVADAS QUE, EN MOITAS OCASIÓNS, SON MULTINACIONAIS CON SEDE NO EXTRANXEIRO, Á BASE DE AMORTIZAR EMPREGO ESTABLE E CON DEREITOS LABORAIS

O PROPIO TRIBUNAL DE CONTAS DI RESPECTO DA FISCALIZACION DOS CONTRATOS CON ESTAS EMPRESAS:

  • Falta xustificación da insuficiencia de medios persoais e materiais, xa que as administracións contratantes só se limitan a sinalar que non dispoñen de medios
  • Falta de estudos obxetivos comparando o custo económico que leva realizar esas actividades con persoal propio e o custo de realizalas coa contratación de empresas externas
  • Dependencia tecnolóxica excesiva, xa que en moitas ocasións teñen que recorrer a procedementos negociados a un só provedor (maior prezo)
  • Deficiencias relacionadas cos principios de obxectividade e economía.

Si non fan estudos obxetivos, ¿como saben que é necesario contratar empresas privadas?

¿Como chegan á conclusión de que contratar medios externos é máis económico que contratar empregados públicos?

¿Quen sae gañando coa privatización dos servizos públicos?. A cidadanía non

DEFENDE O TEU