Información do procedemento para a devolución proporcional da paga extra de 2012
13 de Mayo de 2015

No DOG do día de hoxe (13-05-2015) publícase o procedemento para aplicar o disposto na disposición transitoria décimo segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en relación coa recuperación dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como a paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012.


RESUME DO PROCEDEMENTO:

PARA EMPREGADOS PÚBLICOS EN ACTIVO A 1 DE MAIO DE 2015 (non se precisa facer ningún trámite):Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficiopola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de maio de 2015.

PARA EMPREGADOS PÚBLICOS QUE NON SE ATOPEN EN SERVIZO ACTIVO A 1 DE MAIO DE 2015 (precísase solicitar mediante o modelo referido no anuncio):Os empregados públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de maio de 2015 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no modelo que se xunta como anexoa este anuncio.

Enlace do anuncio:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150513/AnuncioCA01-120515-0001_gl.html

Ver Galería