Concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres
21 de Octubre de 2019

PUBLICADO CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO ENTRE FUNCIONARIOS DOCENTES DO CORPO DE MESTRES

ORDEdo 9 de outubro de 2019 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.

Vacantes que se convocan:

As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo II desta orde, e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo III.

As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base que é o centro que aparece no primeiro lugar.

Tanto os departamentos de orientación únicos como os departamentos de orientación compartidos abranguerán no seu ámbito de actuación os centros que, se é o caso, se lles adscriban.