Folga Universitaria. 24 de Marzo
25 de Marzo de 2015
CSI-F reclama a paralización da reforma do 3+2 da Universidade tras o apoio en bloque á folga da comunidade educativa galega
O sindicato esixe ao Goberno de Rajoy e a Xunta de Galicia que senten a negociar un modelo que garanta a equidade e o futuro do sistema público universitario.
O respaldo en bloque da comunidade educativa de Galicia á folga convocada contra a reforma universitaria imposta polo ministro de Educación debería levar ao Goberno de Rajoy a paralizar a imposición do novo sistema de títulos coñecido como modelo 3+2, que supón unha ruptura da equidade no acceso ao sistema universitario e o fin do modelo de universidade pública tal e como hoxe o coñecemos. Á chamada de atención tamén é á Xunta de Galicia, para que apoie á paralización desta reforma, que tanto dano vai facer ao financiamento das tres universidades galegas.
Desde CSI-F, como segundo sindicato no ámbito nacional do colectivo de persoal docente e de investigación e que representa unha opción estritamente profesional e independente dos partidos políticos, advertimos de que os profesionais deron hoxe as costas ás políticas dun Goberno cada vez máis afastado da cidadanía, como estamos a comprobar.
O respaldo de pais, profesores e alumnos en toda Galicia pon sobre a mesa a unanimidade contra un sistema que, coa redución do número de créditos necesarios para finalizar os estudos de grao e a previsible perda de estudantes, terá un impacto moi negativo no financiamento das tres universidades galegas, o emprego e as condicións laborais do profesorado e do persoal de administración e servizos, dando lugar a unha reconversión do sector que non imos aceptar.
Por iso, tras o éxito desta xornada, desde CSI-F reclamamos ao Goberno que sente a negociar para, entre todas as partes, acordar o modelo de universidade que demanda a nosa sociedade. Un primeiro paso sería igualar o prezo dos créditos de grao e dos másteres, para que non se produzan discriminacións en función da renda (na actualidade, o prezo medio dun crédito é de 18 euros, mentres que o do máster oscila entre 32 e 39,5 euros).
Ver Galería