CAPTACION DE INVESTIGADORES EN TEMPOS DE CRISE
21 de Enero de 2014

CSIF participou nunha Mesa de Negociación na USC o 20/1/2014, na que se tratou a participación no programa Ramón y Cajal, na convocatoria de 2013.

AS PROPOSTAS DE CSI-F NA MESA DE NEGOCIACION

1. A USC debería participar na convocatoria e non debe perder a oportunidade
captar recursos humanos por esta vía.
2. CSIF recalcou que debe ofrecerse a posibilidade de estabilización a todos os
investigadores ao final do programa, dentro de 5-6 anos, en consonancia co
establecido na convocatoria. Polo tanto, o número e distribución de
contratos ofertados debería determinarse tendo en conta esta condición.
3. Debido a situación de crise e insuficiencia orzamentaria, o número de
contratos debe ser necesariamente limitado. Informóusenos de que ata 5 sería
o número máximo asumible.
4. A captación de Ramón y Cajal non debería estar limitada unicamente ás áreas
denominadas "con déficit estrutural" de profesorado. Pódense establecer
criterios de priorización de áreas, mais non é bo excluír a priori a
posibilidade de captar investigadores con bo potencial noutras áreas.
CSIF pedíu que a USC defina orientacións e obxectivos da investigación que
se quere fomentar.
Cómpre salientar que a calificación dunha área como "deficitaria" ou
"excedentaria" é un criterio variable e insuficiente para planificar a
investigación; por exemplo, pode variar co tempo polos cambios lexislativos,
extinción de titulacións, xubilacións, etc.
Ademais, a vixencia das áreas de coñecemento está cuestionada co establecido
no RD 1312/2007 de 5 de outubro.

Véase o ficheiro adxunto

Ver Galería