CURSOS FORMACIÓN CONTINUA ANO 2011
31 de Enero de 2011

Publicado no DOG, o venres 28 de xaneiro, a convocatoria dos cursos de formación continua para o ano 2011.
A guía que recolle a actividade docente pódese descargar da páxina web da fundación (www.fegas.es)

A destacar, entre outras, a reserva dun 5% en cada actividade formativa para persoas discapacitadas cun grao igual ou superior ao 33%,
sempre que o acrediten e, lóxicamente, cumpran os requisitos da convocatoria da actividade.

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

a) Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o 1 de febreiro e rematará o 20 de febreiro.
b) Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo comezará o día 1 de xuño e rematará o día 20 de xuño.

IMPORTANTE: anulación de reserva.

Lembrade que se o aspirante definitivamente seleccionado para a realización dunha actividade docente decide non asistir a ela, e non o comunica con, como mínimo, catro días hábiles de antelación á súa data de inicio, non será admitido en ningunha outra actividade formativa nos próximos 12 meses, agás motivo xustificado.