Borrador "concurso de traslados de persoal facultativo"
04 de Marzo de 2017

O Sergas trasladounos o borrador o borrador da próxima convocatoria do concurso de traslados de persoal facultativo e a relación de prazas que queren ofertar. Estamos a falar das categorías de FEAS, Médicos de Admisión e Documentación Clínica, Médicos de Urxencias Hospitalarias e Médicos Asistenciais do 061.

Queren convocar un total de 599 prazas que son, din eles, as vacantes existentes ata o 31 de xaneiro de 2017.

Serán valorados unicamente os méritos acreditados ata o día inmediato anterior, inclusive, ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Deberá participar obrigatoriamente no concurso de traslados o persoal estatutario fixo que estea en situación de reingreso provisional ao servizo activo no Servizo Galego de Saúde.

Podedes acceder ao borrador da convocatoria e á relación de prazas provisional por especialidades e centros (EOXIS e hospitais) nos anexos que vos achegamos.